Unha ponte coa Lusofonía en Cantos na Maré
Cantos na Maré, Festival Internacional da Lusofonía chega á súa oitava edición. O Pazo de Cultura de Pontevedra acolle este sábado 18 de decembro ás 21 horas un espectáculo único que volve xuntar algunhas das voces máis interesantes da actualidade nos países lusófonos. De Brasil chega Lenine, un artista de referencia nas últimas décadas; de Portugal participa António Zambujo, renovador do fado e unha das estrelas do último Womex; de Angola a novísima Aline Frazão; e de Galiza Guadi Galego, unha voz imprescindible no panorama musical do país.
En palabras de Uxía, directora artística do proxecto desde a súa primeira edición, “aínda que esta é unha cita xa consolidada, nós temos sempre o compromiso de sorprender; non é fácil, pero este ano imos logralo”. Uxía cre que se vai producir unha “comunicación especial entre os convidados”, que como cada ano compartirán temas sobre o escenario. No espectáculo haberá espazo para unha sentida homenaxe musical ao escritor portugués José Saramago, ademais dunha atención especial ao concepto de “ponte”.
As entradas están á venda na web de Servinova. Tedes toda a información de Cantos na Maré e dos músicos participantes en www.cantosnamare.org.






Abilify@official.site” rel=”nofollow”>.…
Buywithout prescription…