CNM Rede

Conclusións
Cantos na Maré Rede from xavier belho on Vimeo.

PROTOTIPADO. Puntos de encontro
TRES IDEAS CLAVE QUE DEFINEN O NOVO MODELO

- A experiencia relacional, a vivencia humana, debe estar no centro dun modelo de mercado con futuro.

- É imprescindible redefinir o papel da cidadanía, do público, do consumidor na dinámica dun encontro destas características. As claves son: impacto social e visibilidade.

- Hai que superar a fase de intercambio de artistas e produtos e ir á xeración compartida de proxectos internacionais. Mercado de ideas. Cocreación, cooperación, troco, etc.

QUEN O PROMOVE?

-Os axentes envolvidos na actividade creativa deben ser o motor do que xurda o encontro. Dende as empresas, pasando polos artistas e chegando ao tecido asociativo. É importante integrar a cidadanía no proceso, para reactivar a súa relación co sector. O sector público ten que acompañar o proceso, poñendo os medios e os recursos necesarios para que este tipo de propostas sexan exitosas non só para o sector senón tamén para o desenvolvemento do territorio.

EN QUE ÁMBITO?

-O ámbito desexable é o global, pero hai que buscar un nexo de unión entre os axentes e diferenciarse do resto das propostas e, neste caso, concórdase que este nexo debe estar ligado á cultura compartida e aos afectos.

-Galicia ten unha gran oportunidade para protagonizar a posta en marcha deste novo modelo, a partir de experiencias testadas previamente e da súa posición relacional.

CON QUE CONTIDO?

-A industria musical está vivindo un momento de transición entre modelos, no que se fai patente o potencial catalizador da súa forza creativa, transversal e inspiradora de novos procesos. A música pode ser un punto de partida xerador de novas oportunidades baseadas na colaboración.

-O produto non é nin debe ser a base sobre a que se constrúan os novos mercados. Deben ser as relacións entre as persoas e os procesos os que axuden a darlles unha nova dimensión e unha nova utilidade ao encontro.

E CON QUE FORMATO?

-Ao cambiar o foco e as necesidades da industria, é imprescindible que cambie tamén o formato. Débese poñer o acento nas persoas, posibilitando ecosistemas favorables para que se desenvolvan as ideas.

FUTURIZACIÓN. Como imaxinas o mercado ideal?
Paco de Pin

O mercado é global, universal. É o mercado do diñeiro, do dólar, do euro e do yen. Hai que ordear o mercado e nisto nós temos un papel importante. Temos dicirlle á administración o que ten que facer. As feiras son moi importantes, pero pasan directamente por un ordeamento e os axentes que poden ordenar este mercado son os empresarios.

José Aldea

Hai que superar a fase de intercambio de artistas e produtos e ir á xeración compartida de proxectos internacionais. O mercado ideal é o mercado de ideas.

Antón Martínez

Un mercado no que todo o produto sexa dixital e no que toda relación sexa persoal.

KK Mamoni

Un que poda ser todo distribuído dixitalmente, on-line, e que favoreza o monitoramento de oportunidades de negocio. Liberaría todo o contido e monitorizaría todas as relacións para controlar as oportunidades de negocio.

Marta Dobosz

Un que diversifique a oferta, superando a desigualdade de acceso aos mercados.

Quique Costas

Pracenteiro.

Edu Louzada

Favorecería o intercambio de proxectos, parcerías, relacións e a sensibilización do sector público e privado do negocio da música. Sobre todo, o privado. Xeraría números que comunicasen a importancia real do sector musical.

Roi Maceda

Transversal e interactivo.

Olga Nogueira

As marxes son as que determinan o centro. Un mercado ideal faría un esforzo por traer experiencias marxinais que poidan ser opcións de futuro e facelas partícipes.

Frederick Mohen

Dixitalización e comunicación. É importante abrirse a mercados doutras linguas que divulgue as experiencias propias.

Ze Rui

Unha placa xiratoria de afectos entre os axentes e o universo que parece só consumidor, pero que é máis ca iso: o público, o servicio público, a tendencia do mercado, os artistas…

Xosé Manuel Blanco

Mercado específico para produtos específicos. Especializado.

Xurxo Fernández Martíns

Cunha filosofía atractiva. Menos retórica e máis práctica. Flexible. Local e universal ao mesmo tempo. Que favoreza as relacións reais entre artistas, público, persoas que traballan, organizadores e profesionais. Hai que procurar un interese común, porque non ten sentido unha feira na que cada un vaia polo seu lado. Humano.

Margarida Antunes

Que favoreza as relacións entre todos os axentes e teña un obxectivo concreto previamente definido.

Carlos Seixas

Que se diferencie de todos os outros mercados. Que teña unha marca forte. E que amose o que a música é actualmente e o que será no futuro.

Luanda Cozetti

Profesionalizado. É fundamental a responsabilización de cada axente da cadea de valor.

Vítor Belho

Un mercado que sexa expresión viva dunha sociedade colaborativa, un escenario dos procesos creativos, das dinámicas da cidadanía.

Radiografía dos mercados musicais
1. QUE SON OS MERCADOS MUSICAIS?

-Son ferramentas

-Son filtros que determinan quen está e quen non está no artístico, no profesional, no sectorial, no social e no político.

-Son experiencias territoriais e relacionais que xeran coñecemento sobre artistas, procesos, novidades, innovación, etc.

Estas ferramentas requiren dun financiamento.

2. QUEN OS PROMOVE?

-Hai mercados promovidos polo sector público, polo sector privado e multitudes de fórmulas intermedias.

-Os mercados pagados polo sector público tenden a ser máis pechados, máis locais. Os privados, pola contra, son máis amplos, máis globais. Unha fórmula intermedia podería ser buscar unha territorialidade global para vender o propio.

-É importante definir o papel do público, dos usuarios, como sustentadores. Moitas veces, o que vende pensa máis onde están os cartos que no usuario.

2. COMO SON? QUE FORMATOS EXISTEN?

Reunións vis a vis, núcleo relacional e speed meetings

Fortalezas: favorecen as relacións humanas, por cara a persoas, sempre xurden ideas creativas, dan amplitude, axudan a posicionar o negocio e existe a posibilidade de que apareza o feeling

Debilidades: difícil equilibrio entre contexto comercial e humano, esixen investimento económico, ás veces a implicación afectiva non da lugar ao negocio

Foros profesionais

Fortalezas: enriquecedoras no teórico, contan con implicación institucional e implicación persoal, establecemento de relacións humanas que adoitan ter un futuro

Debilidades: falta de coherencia das institucións que as promoven, que promoven que nos reunamos pero non escoitan o que temos que dicir despois. Son universos pequenos. Repetitivos. Centrados no local, no específico.

Stand

Fortalezas: visibilidade, dispor dun espazo de traballo

Debilidades: todos venden, son pouco produtivas, autoinvestimento, o acoso dos vendedores

Inmersión
Buscar. Mirar. Escoitar… Problemas. Oportunidades

Mergullarse. Intervir. Recoller… Información. Datos.

Elaborar, antes de suxerir propostas

Vítor Belho: A Lusofonía é un ecosistema favorable para a posta en marcha de novos proxectos culturais e o entusiasmo é a única ferramenta imprescindible para aproveitar as conexións das que xurden novos horizontes.

Samuel Rego: Galiza debe e pode continuar a ser un epicentro de desenvolvemento de proxectos culturais da Lusofonía.

Carlos Seixas: O Festival de Músicas do Mundo de Sines é un servizo público, un festival sen intención comercial que viviu un aumento constante do orzamento dende 1959 ate 2008. Porén, dende 2008, comeza o camiño do descenso que reduciu o orzamento un 30%. Ese é o escenario de futuro.

Claudia Goes: O problema é a ausencia de parcerías.

Margarida Antunes: O problema é que houbo unha inflación na música e que agora moita xente queda fóra dos circuitos.

Frederick Mohen: O problema é a conexión entre a cultura e o mercado. A Lusofonía é máis do que é o idioma, a cultura vai máis alá.

KK Mamoni: É necesario crear os camiños e sentar a todos os axentes do sector na mesma mesa, discutindo os seus problemas.

Blanco: O contexto acentúa os problemas que se viñan vivindo desde hai anos. Hai que redefinir o sistema de financiamento da música. En función de como se estruture o novo mercado da industria musical, os camiños son moi distintos.

Santi Veloso: Ofrecemos o noso proxecto para dar a coñecer os artistas e as músicas da Lusofonía na nosa mocidade, a través do sistema educativo.

Xurxo Martíns: O problema é a indefinición dun público co que é preciso ter un contacto directo. Como atraer a unha xente que aínda non sabemos ben ben quen é?

Olga Nogueira: Os problemas son a visibilización e as parcerías. Medios públicos que non acompañan a creatividade galega e ausencia dunha marca común e dunha rede de parceiros cos que viaxar polo mundo.

Sergio Lago: Hai proxectos que nacen sen músculo financieiro e intentan alimentarse de esforzos persoais. Esforzos individuais que non sempre chegan. Falta de guieiro común, que pode ser unha marca para viaxar fóra. Outro problema é a distancia. Distancia física co mundo e mental co mercado máis cercano, o español.

Roi Maceda: O problema é que a música non está considerado un sector importante dentro da industria galega.

Edu Louzada: Hai 20 anos que traballo con música e eu só quería comprar e foi en CNM que eu comprendín a importancia de comprar. Hoxe son un apaixonado da Lusofonía. Traballo con artistas da Lusofonía e comprendín que era máis fácil promover a música de Belo Horizonte fóra que dentro de Brasil.

Quique Costas: As feiras son cada día máis reunións de vendedores nas que ninguén compra. Reunións moi dependentes ademais do diñeiro público. Este é un momento de debilidade estrutural do sistema capitalista en xeral e do sector musical en concreto. Un problema agudizado porque este sector sempre tivo un comportamento anómalo dentro do sistema.

Marta Dobosz: Nós agora mesmo non temos problemas financieiros, pero buscamos parcerías coas que internacionalizar o proxecto, para non depender tanto da financiación pública.

Luanda Cozetti: O cambio foi galopante. Pasamos dunha situación anómala, que estaba engrandecida artificialmente a esta. Agora non hai máis cartos públicos cos que pagar integramente o teu proxecto. Hai que cambiar a forma de pensar. Hai que buscar parcerías nos lugares máis absurdos. Ademais, agora, só pensamos en como resolver os problemas persoais, pero séra despois de resolver os problemas globais cando haberá tempo para resolver os persoais.

Montse Portús: Nós dependemos do financiamento público e xeramos complicidades coas comunidades autónomas de España e cos gobernos dos distintos países para as bolsas de viaxe. O modelo funcionou sen cambios durante máis de vinte anos, pero agora estamos nun proceso de replantexamento do modelo.

Jordi Gratacós: de todos os proxectos xurden outros proxectos.

Antón Martínez: Traballo dende hai anos na difusión de música doutros territorios en Alemania: galegos, españois, portugueses e dende hai anos estou especializado en músicos cubanos. Alemania sempre foi un mercado interesante para a música do mundo porque carecía de música moderna propia, pero ultimamente menos. A primeira reacción en tempos de crise foi pechar as portas e as ventanas e mirar para dentro.

José Aldea: O gran problema é a dependencia do diñeiro público. Tamén é importante que a sociedade tome responsabilidade no futuro da industria cultural en todas as súas expresións.

Kin Martínez: Crise é un momento de oportunidade, de cambio, no que o ciclo de grandes estruturas pasa un momento baixo e as pequenas estruturas atopan o seu espazo. Son importantes as sinerxias. As fronteiras non existen e non dependemos de ninguén máis que de nós mesmos. É o momento de que as empresas empecen a dominar o mercado e que os políticos se limiten a facer a cobertura que teñen que facer, como fan noutros sectores.

Jose Rui: Non hai que facer apoloxía da crise. Nós creamos unha placa xiratoria de afectos, de valores que nos axudan a creer nunha serie de persoas e chegamos á convicción de que hai que volver aos setenta: usar o inxenio.

Paco de Pin: Non creo na industria cultural. Nós somos artesáns e somos innovadores. A crise forma parte da nosa existencia, nunca estivemos fóra da crise. O batacazo é para a sociedade, non para nós. Eu agora quero traballar para a cidadanía, quero ver á cidadanía.

Cantos na Maré Rede: novos modelos para os mercados culturais
Repensar os mercados culturais é o obxectivo da terceira edición do encontro Cantos na Maré Rede, que o venres 17 e o sábado 18 se celebra no Pazo da Cultura de Pontevedra. O festival internacional da Lusofonía activa de novo un espazo para o encontro profesional arredor da música co obxectivo de analizar cales son as verdadeiras necesidades do sector e cal é a mellor maneira de darlles resposta.

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) impulsa este encontro, no que se darán cita uns 30 profesionais do sector musical de Galicia, Brasil, Portugal, Alemaña, Francia, Polonia, Cataluña e Canarias. Partindo da pregunta “Outros mercados son posíbeis?” activarase un proceso creativo para a reflexión estratéxica do sector musical, baseado no Laboratorio de innovación cultural de E-cultura.

O encontro ábrese o venres ás 17 horas co proceso de “inmersión”, que consiste en recoller información sobre a situación actual e detectar problemas e oportunidades. O sábado continúa cunha sesión de “futurización”, na que se visualizarán os posibles escenarios futuros e como aproveitar as oportunidades detectadas. A terceira sesión será a de “prototipado”, na que se tratará de construír un modelo efectivo para o futuro. Na tarde do sábado exporanse as conclusións.

O encontro aposta pola cooperación, primando enfoques e ecosistemas con capacidade para impulsar novos modelos sociais e produtivos, tamén nun sector como o da cultura e, en concreto, no da música. En Cantos na Maré Rede 2010 analizaranse experiencias como os recentes Culturgal (Feira das Industrias Culturais), MACC (Mercado Atlántico de Cultura Contemporánea) e Feira das Artes Escénicas, entre outras propostas de mercados culturais. A finalidade é atopar modelos que resulten eficaces como instrumentos para a creación, produción, distribución e exhibición de produtos artísticos e culturais.

Unha ponte coa Lusofonía en Cantos na Maré
Cantos na Maré, Festival Internacional da Lusofonía chega á súa oitava edición. O Pazo de Cultura de Pontevedra acolle este sábado 18 de decembro ás 21 horas un espectáculo único que volve xuntar algunhas das voces máis interesantes da actualidade nos países lusófonos. De Brasil chega Lenine, un artista de referencia nas últimas décadas; de Portugal participa António Zambujo, renovador do fado e unha das estrelas do último Womex; de Angola a novísima Aline Frazão; e de Galiza Guadi Galego, unha voz imprescindible no panorama musical do país.

En palabras de Uxía, directora artística do proxecto desde a súa primeira edición, “aínda que esta é unha cita xa consolidada, nós temos sempre o compromiso de sorprender; non é fácil, pero este ano imos logralo”. Uxía cre que se vai producir unha “comunicación especial entre os convidados”, que como cada ano compartirán temas sobre o escenario. No espectáculo haberá espazo para unha sentida homenaxe musical ao escritor portugués José Saramago, ademais dunha atención especial ao concepto de “ponte”.

As entradas están á venda na web de Servinova. Tedes toda a información de Cantos na Maré e dos músicos participantes en www.cantosnamare.org.

Lenine, Guadi Galego, António Zambujo e Aline Frazão nun novo Cantos na Maré
Cantos na Maré, Festival Internacional da Lusofonía tende pontes entre os países lusófonos na súa oitava edición. O Pazo de Cultura de Pontevedra será o escenario ao que se subirán o sábado 18 de decembro ás 21 horas catro das voces máis persoais da música lusófona actual. O brasileiro Lenine, un dos músicos máis admirados da escena brasileira das últimas décadas, é unha das propostas máis destacadas dunha edición na que tamén participan Guadi Galego, co seu achegamento contemporáneo á música galega de raíz; o portugués António Zambujo, o último renovador do fado; e a angolana Aline Frazão, que será o gran descubrimento desta edición.

Cantos na Maré é unha produción de Nordesía, organizado polo Concello de Pontevedra, co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais e a colaboración de Caixanova, o Instituto Camões e Ponte… nas Ondas!. A nova edición presentouse este domingo en Pontevedra, no marco do Culturgal, Feira das Industrias Culturais. Na presentación participaron Lola Dopico, concelleira de Cultura de Pontevedra; José Carlos F. Fasero, director de Agadic; Quique Costas, director de Nordesía; e Uxía, directora artística de Cantos na Maré, que pechou o acto interpretando tres temas acompañado do músico brasileiro Sérgio Tannus.

O espectáculo desenvolverase baixo a dirección artística de Uxía e a dirección musical de Paulo Borges. “En Cantos na Maré sempre logramos que sexa unha noite máxica, e cremos que esta nova edición no vai frustrar esa espectativa”, sinalou Uxía. Animou ao público a acudir e divertirse, citando a Emma Goldman: “Se não posso dançar não é minha revolução”. A edición deste ano tamén renderá tributo ao escritor José Saramago. Lola Dopico destacou que “o carácter diferenciador márcao esa lingua común que fai de lazo sensitivo” e engadiu que Cantos na Maré e “un referente tanto na súa calidade artística como na súa capacidade de xerar novos proxectos”.

Quique Costas, que abriu a presentación lembrando a Francisco Fernández del Riego, explicou que o evento debe ser “un punto de encontro para crear conciencia da lusofonía, non só como espazo cultural senón como mercado de intercambio das nosas culturas”. Nese sentido destacou que este ano Cantos na Maré recupera o encontro profesional, como un punto de coñecemento e intercambio entre axentes culturais de Brasil, Portugal, Francia, Alemaña e Polonia especializados en músicas lusófonas. Fernández Fasero salientou a aposta de Agadic “por fortalecer estes encontros empresariais dos que poden saír novas actuacións e proxectos”.

As entradas ao espectáculo teñen un prezo de 8 euros anticipada e 10 euros no despacho de billetes. Poranse á venda o 10 de decembro a través do servizo de venda de Caixanova (teléfonos 902 504 500 e 986 110 500 e www.caixanova.es). No propio día poderán adquirirse no Teatro Principal de 11 a 14 horas e de 17 a 19 horas, e no Pazo da Cultura de 19:30 horas ao comezo do espectáculo.

Máis información e fichas dos artistas na web www.cantosnamare.org.

Éxito de Cantos na Maré 2009
O sábado 19 Pontevedra acolleu a sétima edición do espectáculo de Cantos na Maré, Festival Internacional da Lusofonía. Saldouse de novo con éxito: pola calidade da proposta musical, o cheo nas butacas do Pazo da Cultura e a sintonía entre público e artistas. Houbo momentos para aplaudir, emocionarse, corear e incluso bailar.

Tito Paris, Raquel Tavares, Fred Martins e Uxía fixeron soar en Pontevedra os ecos da lusofonía, nunha velada na que se cruzaron en interpretacións a dúo, trío e incluso cos catro cantantes no escenario. O concerto púidose seguir en directo desde todo o Estado coa retransmisión en directo de José Miguel López a través de Radio 3. Co precedente da edición brasileira de setembro deste ano, e coa mirada posta xa no 2010, Cantos na Maré volveu amosar que é o gran referente da música e a cultura lusófonas no mundo.

Foto: Émerson Díaz

Máis información: www.cantosnamare.org

Cantos na Maré chega a Brasil
O teatro José de Alencar de Fortaleza (Brasil) acollerá o próximo día 29 de setembro a partir das 20h o espectáculo Cantos na Maré, creado por Nordesía no 2003 e que dende aquela se celebrou con éxito cada decembro en Pontevedra. Na súa edición brasileira, Cantos na Maré conserva a dirección artística de Uxía, creadora do formato orixinal, quen compartirá a experiencia co artista local Cacao Brasil. A dirección musical será responsabilidade de Paulo Borges, como vén sendo habitual, quen traballará man a man con Paulo Rafael.

Compartirán escenario con Uxía e Paulo Borges, ademais de Cacau Brasil, o guitarrista Tito París, de Cabo Verde; o cantante Tonecas, de San Tomé e Príncipe; José Amaral, do Timor Leste; o compositor e guitarrista Manecas Costa, de Guinea Bissau; o cantante Paulo Flores, de Angola; a orquestra Timbila Muzimba, de Mozambique; e a fadista Raquel Tavares, de Portugal. O show será o resultado dun intenso intercambio cultural entre os músicos, que comezaron o pasado luns a súa convivencia artística.

Xuntos, os artistas presentarán un repertorio que vai abranguer os diferentes ritmos e sons de cada país, ademais de presentar novas composicións, creadas especialmente para celebrar este encontro único. Cantos na Maré viaxa á outra beira do Atlántico coa intención de amosarlles aos participantes do evento e ao público brasileiro a beleza que constitúe a mestura de influencias sonoras e culturais destes países tan diferentes e, sen embargo, unidos pola mesma lingua e raíces culturais.

Cantos na Maré Brasil enmárcase no V Encontro Empresarial de Negocios na Lingua Portuguesa, que reúne a 1800 empresarios da Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa (CPLP). O espectáculo musical, baseado na unión da cultura destes países, representa o eixo básico da programación cultural do encontro empresarial, xunto coa mostra de cinema, exposición de fotografías e lanzamento de libro nas dependencias do Teatro Celina Queiroz da Unifor.

O espectáculo será gravado, co apoio do Goberno do Estado do Ceara, nun CD promocional, con imaxes dos mellores momentos do show.