Comezamos a trazar novos camiños

Primeira sesión CNMrede

Vítor Belho dá a benvida aos axentes asistentes, recordando que do encontro de 2007 xurdiron proxectos comúns, como Aló Irmao e o MACC (Mercado Atlántico da Creación Contemporánea). Cantos na Maré Rede 2008 nace desta experiencia e quere acentuar os éxitos e seguir dimensionando a rede a partir das sinerxias, dos desexos, das necesidades e das oportunidades de traballo conxunto. Para lograr estes obxectivos, plantéxase CNMrede como un encontro en tres níveis que se podan superpoñer en base á interacción entre os axentes: foro, presentación de proxectos e contactos cara a cara.

O director xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia, Luis Bará, presenta as liñas de actuación do gobeno galego sobre todo pensando nas persoas que veñen de lonxe, que non coñecen o ámbito competencial do Estado Español en materia de cultura. Así, recorda que o goberno galego ten competencias plenas neste ámbito e polo tanto a posibilidade de establecer relacións con calquera país do mundo. En relación a esta posibilidade, a Consellaría de Cultura ten unha “vocación especial” cara a determinados ámbitos xeográfico-culturais, como son o Estado Español, Europa, América Latina e a propia Lusofonía. Neste sentido, Luis Bará pon o acento en tres ámbitos xeográficos:
-A eurorrexión Galiza-Norte de Portugal, que conta con axudas europeas.
-Portugal como interlocutor necesario, con quen se están vivindo avances nos últimos tempos sobre todo co Ministério de Cultura, coa dirección xeral das Artes.
-Brasil como o país foco da atención do goberno galego nos próximos anos, sen desbotar relacións con outros países do ámbito lusófono, como os africanos, cos que xa se estableceron relación nos últimos anos.
A relación con estes tres ámbitos debe establecerse tamén en tres níveis de actuación:
-Institucións
-Axentes
-Medios de Comunicación. Neste senso, ven de asinarse un acordo de cooperación entre as televisións públicas galega e portuguesa.

Finalmente, Luis Bará anuncia o proxecto no que a Consellaría de Cultura da Xunta de Galiza está traballando actualmente. Trátase da INICIATIVA ESTRATÉXICA GALIZA-LUSOFONÍA, que se conta que comece a súa andaina no 2009 e que se define en tres grandes liñas de traballo:
1) A presentación da cultura galega nos países da Lusofonía, con distintos formatos: mostras ou semanas culturais galegas en distintos eventos ou espazos culturais en países da Lusofonía cos que xa hai establecidos acordos. Presenza directa en Lisboa e no Brasil.
2) Constitución dun fondo que poida financiar proxectos de creación, coperación ou coprodución cultural no que estean envoltos produtores culturais do ámbito da Lusofonía, sendo prioritaria a cooperación co Brasil. Artellaranse distintas formas de apoio, sobre todo axudas para que artistas poidan participar en espazos destes ámbitos e, de cara ao 2010, apoio a proxectos.
3) Favorecer os intercambios entre redes de programación, que se traduzan na saída ao exterior de artistas galegos e vinda a Galiza de artistas da Lusofonía. Neste marco, Bará anuncia que a Consellaría está a traballar nun proxecto de cooperación directa co goberno de Minas Gerais, en Brasil.

O director xeral conclúe que é un “momento óptimo para poder concretar todas estas posibilidades de cooperación, que para o goberno galego é un marco de relación estratéxico e prioritario e que nos últimos anos se multiplicarán as vías e os recursos para articulalo”. Comezan as reunións entre os axentes, pois, cun excelente punto de arranque, a aposta do goberno galego que garante que os proxectos e ideas que xurdan Cantos na Maré Rede terán a posibilidade de recibir apoio institucional.

3 Comments

  1. fran Says:

    Moi interesante estos apuntamentos.

    Espero que en breve se materialicen estas propostas e se usen os mecanismos existentes para promocionar a lusofonía

  2. GERALD Says:


    Pillspot.org. Canadian Health&Care.No prescription online pharmacy.Best quality drugs.Special Internet Prices. Low price pills. Buy pills online

    Buy:Propecia.Soma.Viagra Professional.Cialis Super Active+.Zithromax.Super Active ED Pack.Tramadol.Cialis Professional.Viagra Soft Tabs.Viagra Super Active+.Viagra Super Force.Levitra.Cialis.Cialis Soft Tabs.Viagra.VPXL.Maxaman….

  3. ARTHUR Says:


    MedicamentSpot.com. Canadian Health&Care.No prescription online pharmacy.Best quality drugs.Special Internet Prices. High quality drugs. Buy drugs online

    Buy:Synthroid.Lumigan.Prednisolone.Nexium.100% Pure Okinawan Coral Calcium.Mega Hoodia.Prevacid.Retin-A.Petcam (Metacam) Oral Suspension.Actos.Valtrex.Zovirax.Arimidex.Zyban.Accutane.Human Growth Hormone….

Leave a Comment