O sábado 4 de abril ás 00.00 h a CRTVG ofrecerá a retransmisión íntegra do espectáculo Cantos na Maré, Festival Internacional da Lusofonía, celebrado o pasado mes de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra coa presenza de artistas como Sergio Godinho (Portugal), Sara Tavares (Cabo Verde), Paulinho Moska (Brasil), Waldemar Bastos (Angola) ou Xabier [...]
Archive for the ‘Uncategorized’ Category
José Rui, nun intento de tirar conclusións do CNMrede 08, di que “temos as redes, agora temos que decidir que peixe queremos apañar”. Un primeiro paso para conseguilo é “encontrar conceptos que unifiquen quen está a buscar o mesmo tipo de peixe”. Neste sentido, Çé Rui reflexiona sobre se “aspiramos a unha grande rede ou [...]
Descubrimos que o público é a fronteira
María Yáñez no CNMrede 08
Existe acordo entre os axentes que participan no Cantos na Maré Rede 2008 sobre a importancia que ten a creación de públicos para o futuro da música. Tamén da Lusofonía. Neste sentido, Paco Quintas fala das dificultades que teñen as salas de música ao vivo de Galiza para encher os concertos [...]
Buscamos un nome que nos defina
Elías Torres asegurou no Cantos na Maré Rede 2008 que a Universidade de Santiago de Compostela está virada cara á cooperación coa Lusofonía xa nos seus propios estatutos. Neste sentido, o vicerreitor de Cultura recordou que a USC busca parcerías no mundo das artes escénicas, da música, da literatura e afirma que tamén están dispostos [...]
Programamos viaxes conxuntas
Benjamin Taubkin participa no CNMrede 08 ante Vítor Santana
Espazos, busca do público e aproveitamento das sinerxias centraron a conversa sobre programación musical sostida na segunda sesión de Cantos na Maré Rede, entre outros, por Antonio Vizcaya, Benjamin Taubkin, Vítor Santana de Miranda, Antón Martínez, Carlos Seixas, José Rui e Vítor Belho.
Comezamos a trazar novos camiños
Vítor Belho dá a benvida aos axentes asistentes, recordando que do encontro de 2007 xurdiron proxectos comúns, como Aló Irmao e o MACC (Mercado Atlántico da Creación Contemporánea). Cantos na Maré Rede 2008 nace desta experiencia e quere acentuar os éxitos e seguir dimensionando a rede a partir das sinerxias, dos desexos, das necesidades e [...]
Descubrir un novo mapa
Comeza o día de traballo de Cantos na Maré Rede cun almorzo no Pazo da Cultura de Pontevedra no que nos re-coñeceremos entre os asistentes e comezaremos a debullar os “eixos temáticos”:
1. Activar a cooperación entre os axentes do sector musical da Lusofonía
2. Traballando con programadores públicos e privados, axentes, medios, responsábeis das políticas públicas, [...]
Destruindo as fronteiras
O encontro dos axentes musicais da Lusofonía que terá lugar en Pontevedra dende hoxe até o sábado 13 de decembro comeza esta noite cunha cea de benvida no Clube Náutico de Pontevedra á que asistirán @s artistas que participan no espectáculo e representantes das institucións organizadoras e colaboradoras.




