Acerca de CNMRede

Logo CNMrede

Cantos na Maré Rede é un foro interactivo, un primeiro paso cara á materialización dunha rede de cooperación entre os axentes, os artistas e o público da música da lusofonía.

Participarán arredor de 40 profesionais en sesións pechadas ao público, cunha axenda estruturada en distintas etapas, nas que se empregan estratexias como o traballo en equipo, as presentacións, os encontros “face to face”, o pitching e mesmo as visitas e a gastronomía para crear entornos favorecedores e fidelizadores das ideas, da innovación e da cooperación. Trátase de crear unha atmósfera propicia para o establecemento de relacións profesionais baseadas na cooperación, na co-creación e no intercambio.

O foro artellarase ao redor de tres eixos temáticos, co fin de favorecer a xeración de ideas, de proxectos e de propostas que faciliten a cooperación e o achegamento entre os axentes musicais da lusofonía. Ademais, exporanse experiencias en curso e estratexias de cooperación institucional que facilitarán novas oportunidades para a proxección exterior, a movilidade dos artistas e a cooperación entre as empresas.

Leave a Comment