A Axenda

Venres 17
15.00 - 16.30. Pazo da Cultura. Xantar
16.30 - 17.00. Pazo da Cultura. Chegada dos participantes galegos
17.00 - 20.00. Pazo da Cultura. INMERSIÓN Buscar. Mirar. Escoitar… Problemas. Oportunidades. Mergullarse. Intervir. Recoller… Información. Datos. Elaborar, antes de suxerir propostas
21.30 - 23.30. Hotel Restaurante Rúas. Cea

Sábado 18
10.00 - 11.00. Hoteis. Almorzo
11.00 - 13.00. Pazo da Cultura. FUTURIZACIÓN. Visualizar escenarios futuros. Escenarios de oportunidades. E propoñer ideas que nos acheguen a esa imaxe. Que resolvan os problemas detectados. Que aproveiten as oportunidades descubertas.
13.00 - 14.00. Pazo da Cultura. PROTOTIPADO. Documentar a experiencia. Construír un modelo que reproduza o futuro albiscado
14.00 - 16.00. Pazo da Cultura. Xantar colectivo con todos os asistentes a CNM Rede e intercambio de agasallos
16.30 - 17.00. Pazo da Cultura. Presentacións das conclusións.
21.00 - 23.00. Auditorio Pazo da Cultura. Concerto. O brasileiro Lenine, un dos músicos máis admirados da escena brasileira das últimas décadas, é unha das propostas máis destacadas dunha edición na que tamén participan Guadi Galego, co seu achegamento contemporáneo á música galega de raíz; o portugués António Zambujo, o último renovador do fado; e a angolana Aline Frazão, que será o gran descubrimento desta edición. Catro das voces máis persoais da música actual tende pontes entre os países de fala portuguesa na oitava edición de Cantos na Maré, Festival Internacional da Lusofonía. Unha produción de Nordesía, organizada polo Concello de Pontevedra, co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais e o Xacobeo, e coa colaboración de Caixanova, o Instituto Camões, Ponte… nas Ondas! e a Asociación de Intérpretes y Ejecutantes (AIE).
23.00 - En adiante. La Alquería. Cea, festa e jam

Leave a Comment