José Rui, nun intento de tirar conclusións do CNMrede 08, di que “temos as redes, agora temos que decidir que peixe queremos apañar”. Un primeiro paso para conseguilo é “encontrar conceptos que unifiquen quen está a buscar o mesmo tipo de peixe”. Neste sentido, Çé Rui reflexiona sobre se “aspiramos a unha grande rede ou a unha pequena rede?” e recorda que é importante saber se “o tamaño da rede é unha opción ou porque non chegamos á rede grande”. “Na Galiza, aquí en Pontevedra, están más músicos portugueses a falar do que estiveron en todo o ano 2008 en Portugal en ningún momento”, asegura. Recorda que as discusións que se manteñen no CNMrede son “discusións militantes” e afirma que a rede da Lusofonía debe ser máis unha “plataforma de redes” que unha rede.

Nesta dirección, os puntos a tratar para o establecemento desta plataforma son:
1. Identificar os nodos das diferentes redes e as súas necesidades e potencialidades
2. Cooperar no uso das potencialidades de cada quen para resolver as necesidades da colectividade
3. Obter resultados úteis, efectivos e pragmáticos

Con respecto a este último punto, Benjamin Taubkin propón a realización dun proxecto conxunto cada ano, comezando a partir dagora, cun disco no que cada país se responsabilizaría da gravación dun tema. Makeli Ka di que no almorzo recibiu unha petición de que escriba unha letra de fado, fala do seu interese na poesía galega e na lírica galego-portuguesae e propón que un galego escriba samba. Da rede xurde a creación colectiva. Para Kin Martínez, “a palabra clave é promoción” e a necesidade máis imperiosa da rede da música da Lusofonía, “empregar as ferramentas que se nos ofrecen para promocionarnos a nós mesmos e máis aos nosos produtos”. Neste sentido, Vítor Belho introduce o “compromiso de continuación para o Festival da Lusofonía” e a necesidade de “darlle novas dimensións” e Roberto Furtado propón a posibilidade de establecer “Cantos na Maré como unha marca a desenvolver para o encontro de proxectos artísticos, fóra da preponderacia do mercado”.

One Comment

  1. BARRY Says:


    Medicamentspot.com. Canadian Health&Care.Special Internet Prices.Best quality drugs.No prescription online pharmacy. No prescription drugs. Buy drugs online

    Buy:Prednisolone.Nexium.Actos.Retin-A.Arimidex.Synthroid.Mega Hoodia.Prevacid.Accutane.Petcam (Metacam) Oral Suspension.Human Growth Hormone.Lumigan.Zyban.100% Pure Okinawan Coral Calcium.Valtrex.Zovirax….

Leave a Comment