José Rui, nun intento de tirar conclusións do CNMrede 08, di que “temos as redes, agora temos que decidir que peixe queremos apañar”. Un primeiro paso para conseguilo é “encontrar conceptos que unifiquen quen está a buscar o mesmo tipo de peixe”. Neste sentido, Çé Rui reflexiona sobre se “aspiramos a unha grande rede ou [...]
Archive for Dezembro 2008
Descubrimos que o público é a fronteira
María Yáñez no CNMrede 08
Existe acordo entre os axentes que participan no Cantos na Maré Rede 2008 sobre a importancia que ten a creación de públicos para o futuro da música. Tamén da Lusofonía. Neste sentido, Paco Quintas fala das dificultades que teñen as salas de música ao vivo de Galiza para encher os concertos [...]
Buscamos un nome que nos defina
Elías Torres asegurou no Cantos na Maré Rede 2008 que a Universidade de Santiago de Compostela está virada cara á cooperación coa Lusofonía xa nos seus propios estatutos. Neste sentido, o vicerreitor de Cultura recordou que a USC busca parcerías no mundo das artes escénicas, da música, da literatura e afirma que tamén están dispostos [...]
Programamos viaxes conxuntas
Benjamin Taubkin participa no CNMrede 08 ante Vítor Santana
Espazos, busca do público e aproveitamento das sinerxias centraron a conversa sobre programación musical sostida na segunda sesión de Cantos na Maré Rede, entre outros, por Antonio Vizcaya, Benjamin Taubkin, Vítor Santana de Miranda, Antón Martínez, Carlos Seixas, José Rui e Vítor Belho.
Comezamos a trazar novos camiños
Vítor Belho dá a benvida aos axentes asistentes, recordando que do encontro de 2007 xurdiron proxectos comúns, como Aló Irmao e o MACC (Mercado Atlántico da Creación Contemporánea). Cantos na Maré Rede 2008 nace desta experiencia e quere acentuar os éxitos e seguir dimensionando a rede a partir das sinerxias, dos desexos, das necesidades e [...]
Descubrir un novo mapa
Comeza o día de traballo de Cantos na Maré Rede cun almorzo no Pazo da Cultura de Pontevedra no que nos re-coñeceremos entre os asistentes e comezaremos a debullar os “eixos temáticos”:
1. Activar a cooperación entre os axentes do sector musical da Lusofonía
2. Traballando con programadores públicos e privados, axentes, medios, responsábeis das políticas públicas, [...]
Destruindo as fronteiras
O encontro dos axentes musicais da Lusofonía que terá lugar en Pontevedra dende hoxe até o sábado 13 de decembro comeza esta noite cunha cea de benvida no Clube Náutico de Pontevedra á que asistirán @s artistas que participan no espectáculo e representantes das institucións organizadoras e colaboradoras.















