Cantos na Maré 08

O sábado 4 de abril ás 00.00 h a CRTVG ofrecerá a retransmisión íntegra do espectáculo Cantos na Maré, Festival Internacional da Lusofonía, celebrado o pasado mes de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra coa presenza de artistas como Sergio Godinho (Portugal), Sara Tavares (Cabo Verde), Paulinho Moska (Brasil), Waldemar Bastos (Angola) ou Xabier Díaz (Galiza), que conviviron durante varios días para crear un espectáculo irrepetible. Un ano máis, o compositor das Illas Açores Paulo Borges foi o encargado da dirección musical e a cantante galega Uxía, da dirección artística.

Nesta 6ª edición, CNM homenaxeou as grandes composicións musicais nestes territorios, ás creadoras e creadores que fan cancións  referenciais para os seus países e que traspasan fronteiras.

Unha banda de luxo composta por Jon Luz de  Cabo Verde, voz e cavaquinho; Quiné de Portugal, batería e percusión; Joâo Ferreira de Portugal, percusión; Norton Daiello de Brasil, baixo; Ruben Santos de Portugal, trombón; Paulo Temeroso de Portugal, clarinete, saxo e frauta e Guillerme Fernández de Galiza, guitarra, foi a encargada da estrutura musical deste concerto inesquecible.

Leave a Comment